Desperta fogar de Breogán!!


Para todo aquel que nacese na Galiza, ou sexa descendente de galegos...hai unha canción que nos pon os pelos de punta cando sona. Refírome ó himno galego, coñecido coma "Os Pinos" que o próximo 20 de decembro cumplirá 100 anos dende que fora estreado no Gran Teatro de la Habana, ainda que ten unha parte do poema do gran Eduardo Pondal.

Eu tiven durante moito tempo no meu mobil o himno, e cada vez que o escoito...trémeme o corpo dende os dedos dos pes cara arriba....e unha das poucas cousas que me fai despertar. Pondal era un xenio escribindo, e era capaz de furgar nos sentimentos do pobo galego coma ninguén.

Ainda agardo que suceda algo que di nunha parte o himno....

"...desperta do teu sono fogar de Breogán"
Dende aquí o meu homenaxe ó himno da miña terra nai.

Comentarios

Entradas populares