sábado, 20 de marzo de 2010

SARRIANOS POLO MUNDO

Éste é o escrito orixinal do que me publicaron hoxe no diario El Progreso nas páxinas de Sarria:

SARRIANOS POLO MUNDO

Namentres lees estas liñas, hai persoas que durmen resacosas despoís de voltar ao pobo que as viu nacer pero non medrar.

Onte 19 de marzo e 19 anos despóis, un grupo da xeración máis populosa que saiu do Colexio de La Asunción, xuntámonos arredor dunha cea onde as entrañables lembranzas tropezábanse na boca por sair a escena…pero pronto reparamos en que de 47 persoas, só 22 viven ou traballan en Sarria…e aínda nos falta moito para vellos, somos trintañeiros.

Sábese que ante a falta de oportunidades e sobretodo ante a, por fin, maior independencia laboral e económica das mulleres, son éstas as primeiras en buscar máis e mellores oportunidades fora do seu lugar de orixe, convertindo en excepcional circunstancia, que ten a provincia de Lugo, de concellos masculinizados, do cal Sarria e comarca non é precisamente unha excepción, pois concellos dos que sempre se nutriu de poboación Sarria tales como Samos, Láncara, Páramo, Portomarín, Becerreá (según a USC), ven hoxe como morren lentamente os seus pobos e vilas. Así que non é precisamente unha tolería pensar que esto afecta xa ó noso concello tamén azotado pola crise en sectores tradicionais desta zona.

As redes sociais como Facebook teñen xa grupos de sarrianos polo mundo de tódalas xeracións nas cales a historia, se repite unha e outra vez e que nos reunimos nesa plataforma, cando o normal é que nos reunísemos nesta vila e neste val a carón dunha caña de cervexa, pero tranquilos (Modo irónico encendido)…”que como aquí non se vive en ningún lado”…(modo irónico apagado) así que si queremos falar só do pasado, continuemos neste camiño de melancólicas e cariñosas lembranzas.

Si queremos invertir a tendencia dun pobo que en pouco tempo será residual e a onde voltarán tan só as cinzas dos sarrianos que un día marcharon, vai sendo hora de que os que gobernades aos sarrianos, gobernedes para invertir esa tendencia, sexades da cor política que sexades, ou a miña xeración como a de tantas xeracións de sarrianos estarán nunha amplia e peligrosa maioría, por ahí, polo mundo.

Non me interpretedes sarrianos en modo pesimista, quen me coñecedes sabedes que son demasiado optimista e realista ás veces; e a realidade das xentes que con orgullo levamos o nome de Sarria máis aló deste impresionante val que nos viu nacer, é que corremos o risco de ser un pobo ao que só voltan os que queren disfrutar ou morrer na súa vila, nos seus montes, no seu val.

lunes, 1 de marzo de 2010

RESET


Hay días que necesitas no hacer nada más que estar y punto.

Estás saturado de escuchar los mismos comentarios, leer las mismas noticias, ir por la misma calle de siempre, sentarte en el mismo taburete del bar de tu amigo, pedir el mismo tipo de café, hablar de lo mismo, encontrarte a la misma gente, volver a la misma hora, .........................hasta que tu mente te dice....basta!!

Esos días de reflexión, llegan después de darle a tu vida cambios de rutina que tal vez sean el último tren a una vida mejor; la memoria caché interna se tupe de los mismos archivos y necesitas cojer carretera, dejar atrás por un día lo "habitual" y resetearte.....vivir otra realidad.

Hoy no he querido ni he podido estudiar ni leer ni pensar ni fotografiar (solo unas cuantas testimoniales por el ciclón Xynthia)........me he limitado a estar y punto.

Ahora debería estar haciendo algo productivo, pero os juro que no puedo hacer nada más que pulsar teclas...no me meo encima de milagro, vamos....

Mañana después de la relajante piscina volveré a estar reiniciado...........

Reiniciaros de vez en cuanto para que la rutina no os domine....................................